
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación da Festa dos Chóferes de Alfoz do Castrodouro, que este ano cumpre o seu 60 aniversario. Celebrarase desde este xoves, 30 de xullo, ata o domingo, 2 de agosto, está organizada pola asociación cultural xuvenil O Castelo e conta co apoio do goberno galego.
Villares destacou “a traxectoria e a proxección” da cita e felicitou “á veciñanza, que a mantivo viva xeración tras xeración ata convertela en parte da súa identidade e nun recurso que promove o turismo no municipio”.
A Xunta de Galicia destaca que “o acto principal desenvólvese na mañá do domingo, 2 de agosto -a partir das 12:00 horas-, coa procesión de vehículos polas parroquias, misa e bendición dos coches, e a entrega de premios aos mellores de cada categoría. A organización dispuxo unha carpa con mesas e zona de acampada durante as catro xornadas festivas”.


