Este sábado, 8 de agosto, chega a Ribadeo o Gran Guateque do Xacobeo coa Orquesta Mondragón e Fórmula V

A Orquesta Mondragón e Fórmula V encherán Ribadeo de ritmo este sábado, 8 de agosto, co Gran Guateque do Xacobeo. 

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explicou que “este sábado, 8 de agosto, terá lugar o Gran Guateque do Xacobeo, a partir das dez da noite na Praza de España, coa participación en directo da Orquesta Mondragón, con Javier Gurruchaga ó fronte e Fórmula V co incombustible Paco Pastor.  Disfrutaremos dun concerto gratuíto e será unha noite para recordar, cantar e bailar temas que todos coñecemos como  Viaje con nosotros, Soy yo tu lobo ou Lola, entre outros moitos éxitos da Orquesta Mondragón e os inesquecibles temas de Fórmula V como Cuéntame, Eva María ou Vacaciones de Verano”.

A edil ribadense anima a acudir ao Gran Guateque este sábado, 8 de agosto: “convidámosvos a pasar unha noite entre amigos, escoitando a música de sempre, a música que nunca pasa de moda”.