O 15 de agosto disputarase en Viveiro a cuarta regata da Copa Provincial de Piragüismo

O sábado 15 de agosto disputarase a cuarta regata da Copa Provincial de Piragüismo, organizada polo Club de Piragüismo de Viveiro e a Federación Galega de Piragüismo e que conta coa colaboración do Goberno galego.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares, estivo en Viveiro para a presentación desta proba e destacou o apoio da Xunta a esta cita deportiva. Ademais lembrou que “a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asigna este ano á Federación mediante convenio 484.352 euros para gastos de funcionamento e para a organización de actividades deportivas, entre outros conceptos”.