
O Concello de Viveiro anuncia que o vindeiro luns, día 10 de agosto, procederá ao reparto gratuíto das “gafas homologadas para a observación segura da eclipse solar total do mércores 12 de agosto, facilitadas pola Deputación de Lugo dentro da campaña provincial de información e prevención con motivo deste fenómeno astronómico. As persoas interesadas poderán recoller as gafas na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata esgotar existencias. Co obxectivo de favorecer que o maior número posible de persoas poidan acceder a este material de protección, entregarase un máximo de dúas gafas por persoa”.
Ademais o Concello de Viveiro lembra que “observar unha eclipse solar sen a protección adecuada pode provocar graves lesións oculares, polo que recomenda empregar unicamente gafas homologadas para este fin”.


