O libro “El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo” será presentado na biblioteca pública ribadense o luns 10 de agosto

O luns 10 de agosto ás 20:00 horas na Biblioteca Pública El Viejo Pancho, de Ribadeo, será presentado o libro titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo, escrito por José Antonio Gómez Martínez.

O Concello de Ribadeo anuncia que esta publicación é “unha viaxe pola historia do tren que marcou o desenvolvemento da nosa comarca”.