Enol Blanco Puga e Félix Blanco expoñen pinturas en Ribadeo ata este mércores, 26 de setembro

Ata este mércores, día 26 de agosto, a Oficina de Turismo de Ribadeo acolle unha exposición de pintura de Enol Blanco Puga e Félix Blanco. A mostra, titulada Compartindo e entendendo a creatividade neurodiverxente é “para descubrir diferentes formas de expresar, crear e entender a arte”, explica o Concello de Ribadeo.

Esta exposición pode visitarse todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.