
A Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá ten as inscricións abertas ata o día 25 de setembro para unha viaxe á Televisión de Galicia (TVG) que farán o mércores 7 de outubro para asistir como público aos programas En compañía de Loli e A voltas co prato.
Anuncian que será “un día diferente para compartir, aprender e, sobre todo, pasalo ben xuntas!.
O prezo desta actividade é de 5 euros e as prazas están limitadas a 30 persoas.


