Burela acolle este venres, 30 de outubro, a comedia 'Desequilibrados', de Trípode Teatro

O grupo Trípode Teatro representará este venres, día 30 de outubro, ás 21:00 horas a obra titulada Desequilibrados, escrita por Pepe Peinó, no marco da axenda cultural do ciclo de outono da Casa da Cultura de Burela.

O Concello de Burela explica que “a proposta aborda, dende a comedia, a importancia de ser diferentes e de enriquecer a sociedade a través das distintas personalidades dos seus cidadáns. Unha obra invita a reflexionar sobre o valor da diversidade e sobre a achega que cada persoa realiza á sociedade desde a súa propia maneira de ser. A actividade está dirixida a todos os públicos, con entrada libre e está organizada polo Concello de Burela e conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Desde o Concello de Burela animan á veciñanza a achegarse á Casa da Cultura “para gozar desta proposta teatral que combina humor e reflexión sobre o valor da diversidade e a importancia de respectar as diferentes formas de ser”.