
O Concello de Cervo convoca o XXVI Concurso de Postais de Nadal e o prazo de presentación de traballos remata o día 1 de decembro.
“O Nadal vaise achegando e dende o Concello de Cervo queremos celebralo coas vosas mellores creacións! Quen pode participar?
Todo o alumnado de Infantil e Primaria do noso municipio. O tema será O Nadal e a técnica é libre; deixa voar a túa imaxinación! As postais deberán facerse nunha cartolina tamaño folio, sen asinar, e entregarse acompañadas dun sobre pechado cos teus datos (nome, apelidos, idade, colexio e teléfono) na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello de Cervo. Haberá un premio por cada categoría: de 3 a 5 anos; de 6 a 9 anos; e de 10 a 12 anos”, anuncia o Concello de Cervo.
Fallo do xurado será o 3 de decembro do 2026 e entre as tres postais finalistas elixirá unha coa que o Concello de Cervo felicitará o Nadal a outros organismos e institucións.


