A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta por Pontedeume (A Coruña) para o 21 de novembro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 21 de novembro, sábado, un percorrido por unha ruta circular no municipio coruñés de Pontedeume, itinerario que pasa por Breamo e pola praia de Ber. A distancia a percorrer son 13 quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 18 de novembro. O prezo é de 55 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.