A Delegación Local de Foz da AECC organiza unha concentración para sumarse ao rosa o 19 de outubro. E o 14 deste mes haberá un acto solidario a favor da loita contra o cancro de mama.

A Delegación Local de Foz da AECC organiza unha concentración para sumarse ao rosa o 19 de outubro. E o 14 deste mes haberá un acto solidario a favor da loita contra o cancro de mama.
 
Desde a organización sinalan que “aínda que te supoñemos coñecedor dos actos previstos con motivo do Día Contra o Cancro de Mama, dende esta Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro queremos que teñas o cartel do evento do próximo día 14 de outubro as nove da noite, para que podas valorar por ti mesmo a importancia que ten para AECC que os grupos culturais Rondalla Latexos, grupo de teatro “Pico do Castro”, Colexio Martinez Otero, Concello de Foz e a Delegación Local da AECC xunten os seus esforzos para conmemorar ese día tan importante para todos nos”.
 
E engaden que “o seguinte acto será o día 19 ás doce da maña diante do Concello onde faremos unha concentración, sen molestar a ninguén, para manifestar a nosa loita diaria Contra o Cancro de Mama e si pode ser levando todos nos unha prenda color rosa. Por iso queremos pedirche a túa asistencia e participación acompañado de un amigo, veciño ou familiar e ademais que o fagas saber a todas aquelas persoas da túa confianza para sumarse o rosa nestes actos tan especiais para concienciarnos todos na loita contra o cancro. Estámoste esperando porque sumándote ao rosa quen perde é o cancro”.