
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta Camiño dos Faros, pola Costa da Morte, para este sábado, día 12 de xullo. A distancia a percorrer son 12 quilómetros, desde Merendeiro de Soesto por Camelle ata Araou, e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante en Vimianzo.
A saída será ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas deste mércores, 9 de xullo. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.