
A Asociación Veciñal de Mor (Alfoz) organiza unha excursión a Santa Eulalia e Vilanova de Oscos, en Asturias, para o día 25 de maio, domingo.
“O domingo 25 de maio organizamos unha excursión para todos os nosos veciños e veciñas e para todos aqueles que queiran gozar dunha agradable xornada. A ruta será a seguinte: saída pola mañá en autobús dende Alfoz; visita guiada á Casa Natal do Marqués de Sargadelos, en Santa Eulalia de Oscos; visita guiada ao Mazo de Mazonovo, en Santa Eulalia; comida no Restaurante Casa Pedro, en Santa Eulalia; visita á cascada de Morlongo, en Vilanova de Oscos (dificultade baixa); e regreso a Alfoz. O prezo da excursión é de 35 euros para os socios, 45 euros para os non socios e 20 euros para os nen@s ata os 12 anos. O prezo inclúe a viaxe en autobús, as entradas e visitas anteriormente mencionadas e a comida”, anuncia a Asociación Veciñal de Mor.
As prazas son limitadas e hai que reservalas no teléfono 657.10.95.92 (María José). A data límite para anotarse é o domingo 18 de maio.