
A Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza unha excursión a O Grove e a Illa da Toxa para o día 6 de xuño, venres. Esta actividade inclúe percorrido en catamarán e merenda de mexillóns e viño.
O prezo para os socios do colectivo organizador é de 32 euros e os participantes que non formen parte da asociación deberán pagar 40 euros.
O prazo para anotarse remata o luns 26 de maio.