
Este sábado, día 21 de marzo, a Banda de Música Landro, de Viveiro, ofrecerá un concerto no que se presentará a marcha gañadora do IV Certame de Composición Blas García Liz, obra titulada Os Caladiños que compuxo Alberto Aneiros Vilariño.
A actuación, titulada Éxodo, será na igrexa de San Francisco ás 20:30 horas. Está incluída no programa de difusión cultural e relixiosa ADRAL 2026, que organiza a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro.


