Burela acolle o 22 de abril unha charla sobre nutrición durante o tratamento oncolóxico

Burela acollerá o día 22 de abril, martes, unha charla sobre nutrición durante o tratamento oncolóxico. Será no Salón de Conferencias da Antiga Biblioteca ás 11:00 horas e para asistir non é necesaria inscrición previa.

“Se estás en tratamento ou coñeces a alguén nesta situación, esta charla pode ser moi útil. Falaremos de alimentación, coidados e benestar durante o proceso”, anuncia o Concello de Burela.

Será impartida por Cristina Pérez, graduada en Nutrición Humana e Dietética e dietista nutricionista na atención primaria.

Organiza a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, en colaboración co Concello de Burela e o Servizo Galego de Saúde.