A “Casita de Papá Noel” do Centro Comercial Histórico de Viveiro estará aberta do 21 ao 24 de decembro

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro continúa nestes días cunha morea de actividades e sorteos: “á decoración dos negocios con guirnaldas navideñas, alfombras de vinilo vermello e árbores de luces leds sumamos nestes días máis actividades. Continuamos co sorteo do Calendario de Advento do Comercio local, un exitazo de participación que ata o momento leva repartidos 19 premios entre cestas de Nadal, cestas doces, xamóns, cestas de produtos de porco celta, caixas de peixes e mariscos, tratamentos de beleza e benestar e décimos de lotería. Cada día un premio valorado en 100 euros. E continua ata o día 24.  A Casita de Papá Noel, instalada na Praza Maior estará funcionando en horario de 17:00 a 20:00 horas do 21 ó 24 de decembro”.

Ademais o CCHV anuncia que “na tarde do día 24 Papá Noel sairá en cabalgata ás 17 horas dende a explanada da Variante ata chegar á Praza Maior, onde recollerá as cartas e atenderá as peticións dos máis pequenos.  Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos para que lle poidan escribir a Papá Noel lembrando o importante que é mercar os agasallos na vila. Os Elfos tamén lle votarán unha man a Papá Noel para recoller tódalas cartas e atender as peticións dos máis pequenos. Pero no caso de non poder chegar a tempo, este ano ó carón da Casita colocouse tamén un buzón xigante, onde os nenos poden depositar as súas cartas no horario no que a Casita non estea aberta. Continuamos así un clásico do Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión. A última semana do ano teremos un Obradoiro de Música Electrónica con DJ Karras Martinez, unha actividade que se puxo en marcha o ano pasado e tivo tanto éxito de convocatoria que este ano repetimos de novo. Animamos ós mozos a sumerxirse no mundo da música electrónica con este obradoiro impartido polo DJ e produtor Karras Martínez. Aprender técnicas de iniciación á mestura nun ambiente creativo e participativo”.

O Centro Comercial Histórico de Viveiro engade: “a partir do 26 de decembro empezamos repartir as rifas para o sorteo de 3 soldos de 1.200 euros, que será o 4 de xaneiro ás 21.15 horas na Praza Maior. O sorteo, por primeira vez en moitos anos, cambia de dinámica: para que sexa máis rápido instalarase o dia 4 na praza unha urna na que depositar a parte das rifas onde figuran os números cos que se participa. Deste xeito aseguramos que os gañadores estarán na praza vendo o sorteo e aparezan á primeira. Eliminamos polo tanto o sistema de bolas número a número para configurar os gañadores. Estará presentado un ano máis polo gran Dani Ríos. Este sorteo vai xa pola 13ª edición e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal”.

“E para os que están faltos de ideas e non saben que mercar, poñémosllo un pouco máis fácil coas Tarxetas Regalo do CCHV, que son un acerto seguro. Estas tarxetas fanse personalizadas e pódense gastar en máis de 130 negocios asociados. O comercio local abrirá os domingos 21 de decembro e o 4 de xaneiro”, remata o CCHV.