
O Concello de Cervo anuncia que está aberta a convocatoria para un novo curso de iniciación á forxa, enmarcado no programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas. “Unha oportunidade única de aprender o oficio da forxa da man do noso veciño Telmo Cao no seu obradoiro no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, situado na antiga nave de fundición”. Celebrarase do 1 ao 4 e do 7 ao 10 de xullo, en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Está dirixido a profesionais da artesanía, estudantes de Artes e Oficios, Belas Artes ou de Formación Profesional relacionada co metal.