Chegan as Noites Abertas de Acisa Ribadeo do 4 ao 6 de agosto. 24 establecementos abrirán ata as nove da noite e ofrecerán descontos especiais.

Volven a Ribadeo as Noites Abertas. Os días 4, 5 e 6 de agosto 24 establecementos asociados a Acisa Ribadeo abriran ata as 21:00 horas ofrecendo promocións especiais. Ademais a música animará as rúas da vila. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “este ano volven as Noites Abertas de Ribadeo, que levaban un tempo sen facerse. Trátase dunha actividade que soe gustar e dar moito xogo, polo que dende Acisa quixemos recuperala, xa que se hai día de praia a xente ten a oportunidade de mercar ata algo mais tarde do habitual”.

Pérez Prada contou que “este ano a campaña consiste en abrir as tendas ata as 21:00 horas o 4, o 5 e o 6 de agosto, ofrecendo descontos e promocións especiais. Todo elo acompañado de musica. O xoves  á tarde noite haberá pasarrúas a cargo da Batukada de A Choca, o venres a partires das 21:00 hora, na praza de José María López (na Zona Vella de Ribadeo) contaremos coa actuación do grupo Sintético Fantástico e o sábado teremos outro pasarrúas a cargo da Batukada de A Folixa. Deste xeito serán tres días nos que poder saír de compras e aproveitar para tomar algo  nun ambiente festivo e de verán. Estamos no ecuador das rebaixas, polo que é moi posible que se poidan encontrar ofertas moi interesantes nesta cita”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo anima “a veciños, veciñas de Ribadeo e da contorna e aos visitantes a desfrutar desta actividade, parécenos que pode ser unha boa escusa para mercar ese capricho de verán que levas días vendo no escaparate da tenda, aproveitar para tomar algo nunha terraza mentres escoitas a música na rúa e poder gozar da nosa gastronomía cenando en Ribadeo”.

Os establecementos participantes nas Noites Abertas de Acisa son La Coqueta, Bis a Bis, Bora Bora, La Moda Joven, Opticalia, Pequerrechos, BoutiquePippol´s, Glass, Adele, Naná, Mika, Sanjurjo, Esprit, Saia, For friends, Pratería Gutié, Farfalakids, Anais, Terra Branca, Mercería Torviso, Menfer, R23, Jatay y Coco..

As Noites Abertas están organizadas por Acisa Ribadeo. A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia e que coa colaboración do Concello de Ribadeo. 

A campaña foi presentada pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e polo xerente, Jesús Pérez.