A compañía 57 Palabras representa en Viveiro a obra “Nin frores nin coroas” este sábado, 27 de setembro

“Chega ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, unha obra chea de humor negro e situacións inesperadas. Este sábado 27 de setembro ás 20:30 horas non te perdas Nin frores nin coroas, unha comedia ideal para todos os públicos. A obra da compañía 57 Palabras Teatro, que forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, lévanos ao funeral de Jesús. Pouca xente se achega a despedilo porque non deixou moi bo recordo, pero a pregunta é: e se este funeral resulta ser a súa mellor comedia?”, anuncia o Concello de Viveiro.