A Coral Polifónica de Ribadeo celebra o seu XXX Festival de Panxoliñas na igrexa parroquial ribadense este domingo, 21 de decembro

A Coral Polifónica de Ribadeo celebra a trixésima edición do seu Festival de Panxoliñas este domingo, día 21 de decembro. Será ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Ademais da coral ribadense actuarán a Coral Polifónica de Foz, o Coro Sagrado Corazón e a Coral Polifónica Vilalbesa.

Nesta actividade colabora o Concello de Ribadeo, que anuncia: “a maxia do Nadal chega en forma de música coral. Unha cita imprescindible para vivir o Nadal a través das panxoliñas”.