Couxela, en Ribadeo, celebra a festa das Dores este sábado, 27 de setembro

A parroquia ribadense de Couxela celebrará a festa na honra da Nosa Señora das Cores este sábado, día 27 de setembro.

Ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión acompañada do Cuarteto Tradicional Illa Pancha e despois comezará a sesión vermú amenizada polo solista Jaime Paredes, que tamén actuará na verbena  xunto á orquestra Trébol.