Do 1 ao 15 de xullo estará aberto o prazo de solicitude de matrícula na EMMeD de Ribadeo para o novo alumnado.

Desde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2023/2024 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.

No caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda.