Do 20 ao 22 de agosto volve o Comercio na Rúa, que organiza Acia Foz-CCA. Na cita participan 35 negocios locais

Do 20 ao 22 de agosto volve o Comercio na Rúa, que organiza Acia Foz-CCA. Durante esas xornadas Fóra Stocks 35 establecementos comerciais sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. 

Os locais participantes son: 5 Lobiños, Aira Estudio, Alain Afflelou Foz, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mi Casa, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Surya, Thecé, Unique, Vas´s, Vas´s Outlet e Xoguetería Bahía. 

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anima “a aproveitar esta interesante oportunidade, agora que nos achegamos ao remate final das rebaixas e coa vista posta na volta ao cole. En Foz vamos poder atopar unha grande oferta de descontos especiais a pé de rúa”. 

A campaña foi presentada o pasado luns en Foz. No acto participaron o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o alcalde focense, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, o presidente de Acia Foz, José Carlos Paleo, e Pura García, directiva da asociación de comerciantes de Foz. 

Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.