Do 23 ao 26 de xuño celebraranse as festas de San Xoán na parroquia viveirense de Covas.

As festas na honra a San Xoán Bautista en Covas darán comezo o día 23 de xuño coa verbena amenizada pola orquestra Miramar e o grupo Arizona. 

O venres 24 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e a procesión acompañada pola Banda Naval de Viveiro e despois sesión vermú coa orquestra Trébol. Ás 22:30 horas terá lugar a verbena coas orquestras Trébol e Acordes.

O sábado 25 ás 11:00 horas comezará o pasarrúas con Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Suavecito e, ás 20:00 horas, gran sardiñada no Campo da Pascua. Ás 22:30 horas celebrarase a verbena coas orquestras Suavecito e Magos.

As festas rematarán o domingo 26 que será o Día do Neno. Dende as 17:00 horas haberá atraccións no campo da festa a prezos populares.

O Concello de Viveiro colabora na organización destes festexos.