O Concello de Foz organiza a XII edición do Campus de Verán de Patinaxe Artística de iniciación e perfeccionamento, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos.
O campus ofrece, ademais dos aspectos específicos deste deporte, actividades complementarias lúdico-recreativas para que os participantes ao mesmo tempo de formarse disfruten das praias, da natureza e de excursións culturais. Deste xeito desenvolveranse nas instalacións do CEIP O Cantel, no Campo da Cabana, en Bispo Santo e na praia da Rapadoira. O horario será de 10:30 a 19:30 horas.
A organización habilitará un autobús gratuíto que percorrerá A Mariña para o traslado dos participantes que o necesiten. Haberá un refrixerio a media mañá, comida e merenda, ademais de menús especialmente deseñados para deportistas en idades noveis e para nenos e nenas que o precisen.
A dirección técnica correrá a cargo de Rebeca Díaz, adestradora Nivel 2 de patinaxe artística e monitores titulados.