
O Concello de Barreiros, xunto coas ANPAS dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel, organiza unha viaxe a Xuvelugo, “unha cita xa clásica destas datas para a cativada barreirense”. A viaxe terá lugar o martes 30 de decembro con saída ás 15:00 horas desde a Praza do Concello e regreso, ás 20:00 horas, saída de Lugo. A excursión inclúe entrada e viaxe en bus de balde para as nenas e nenos de Barreiros, anuncia o Concello.
Cada nena ou neno deberá ir acompañado/a por unha persoa adulta, que terá que aboar: 5 euros os socios/as das ANPAS e usuarios/as das EEDD; e 7 euros o resto de acompañantes.
O Concello de Barreiros explica tamén que Xuvenlugo “é un gran espazo de lecer infantil e xuvenil situado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Está cheo de atraccións, inchables, xogos, animación e deporte para pasar unha tarde moi divertida. As inscricións deben facerse nas oficinas xerais do Concello como moi tarde o venres 26 de decembro”.


