En Ribadeo haberá un taller de instalación de apps libres e da administración o 23 de xaneiro

O venres 23 de xaneiro ás 7 da tarde a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, de Ribadeo, (rúa Antonio Otero, 19), acollerá o evento titulado Soberanía Dixital X: Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración.

Está organizada polo colectivo amarinha.gal, que explica: “unha actividade pensada para tomar o control do noso móbil e ordenador a través de ferramentas libres, instalada e comprendidas, así como dos máis indispensables programas/apps para relacionarnos  coas institucións. Quen queira participar e teña algunha dúbida aínda está a tempo non só de asistir senón tamén de facer propostas para instalar ferramentas ou apps concretas, para o que se propón a quen teña pensado asistir que transmita as súas necesidades e atendelas no posible, da instalación do programa de comunicación co SERGAS á petición de cita, ou á instalación de Chave365 ou o certificado dixital, por poñer varias posibilidades. Para transmitilas, pódese poñer en contacto con Mario Penelo ou outro dos membros de amarinha.gal, ou a través do correo mpenelo+soberaniadixital@gmail.com. A actividade, continuación da celebrada en decembro, será eminentemente práctica, coa instalación, comprensión e uso de dos programas e apps seleccionados. Nesta ocasión non se repartirá fanzine, máis si unha pequena relación de apps e programas libres e de uso recomendado, para a súa lembranza posterior á actividade”.

Esta é a primeira actividade do ciclo impulsado polo grupo amarinha.gal, no ano 2026, despois das nove celebradas o ano pasado.

A actividade está aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas, interesadas en “mellorar o seu coñecemento sobre a posibilidade de optimismo tecnolóxico, e as implicacións para as nosas vidas”.

Os locais da Biblioteca El Viejo Pancho, foron solicitados e concedidos polo Concello para sucesivas presentacións e talleres sobre “a necesaria e moitas veces esquecida soberanía dixital”, remata amarinha.gal.