
A foodtruck Galicia Sabe Amar estará este mércores, día 31 de decembro, en Ribadeo enchendo de sabor o último día do ano. Ofrecerá degustacións gratuítas de produtos do mar entre as 12 e as 15:00 horas na rúa San Francisco.
O alcalde, Dani Vega, anima “a despedir o ano saboreando as exquisitas preparacións que nos ofrecerá, unha vez máis en Ribadeo, Galicia Sabe Amar. Durante tres horas as persoas que o desexen poden achegarse pola rúa San Francisco”.


