Fran Ameixeiras narrará contos na Biblioteca Municipal de Viveiro este venres, 24 de outubro

Este venres, día 24 de outubro, ás 18:00 horas a Biblioteca Municipal de Viveiro acollerá unha sesión de contos narrada por Fran Ameixeiras, pensada para nenas e nenos de entre 5 e 11 anos, co título Historias dun mundo grande.

O Concello de Viveiro anuncia que é “unha actividade chea de imaxinación, aventuras e emocións para descubrir o mundo a través das historias. Esta proposta celébrase con motivo do Día das Bibliotecas, unha data que pon en valor estes espazos cheos de cultura, encontro e aprendizaxe”.

A entrada é de balde ata completar aforo e poden reservarse a través do teléfono 982.57.06.06.