Galitoon presenta en Ribadeo este domingo, 16 de novembro, o espectáculo para publico familiar “Rosalía, a pulga que escribía”

Este domingo, día 16 de novembro, ás 17:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, terá lugar a representación titulada Rosalía, a pulga que escribía, a cargo da compañía teatral Galitoon.

O Concello de Ribadeo explica que é “un espectáculo agarimoso e divertido para peques a partir de 2 anos”.

As entradas para nenos e nenas ata 12 anos é de balde, mentres que os maiores de 12 anos deben pagar 3 euros.