Hamburguesas e cervexas serán as protagonistas en Foz da DecemBeer & Burguer os días 5 e 6 de decembro

Hamburguesas e cervexas serán as protagonistas en Foz os días 5 e 6 de decembro, venres e sábado, da DecemBeer & Burguer. Na cita participarán 14 locais hostaleiros.

O presidente de Acia Foz, José Carlos Paleo, explicou: “en Foz queremos iniciar a vindeira ponte festiva cunha proposta gastronómica para a veciñanza e para as moitas persoas que se achegarán a pasar esas xornadas na nosa vila. Os días 5 e 6 celebraremos a DecemBeer & Burguer con diversidade de elaboracións que atoparemos nos catorce locais participantes”.

9 Olas, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Bar 78, Café Bar Campos, Cafetería Anduriña, Dandy, Espacio Machete, Las Delicias de Belkis, Marexada, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte e Xoyma son os establecementos nos que se poderán saborear “exquisitas burguers e cervexas”.

A DecemBeer & Burguer foi presentada este luns. No acto participaron o alcalde, Fran Cajoto; a concelleira de Comercio, Kathy Navarro; e o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo.

Esta cita gastronómica está organizada por Acia Foz-CCA coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Ademais coa chegada do mes de decembro Acia Foz-CCA inicia o Nadal. E faino co reparto de alfombras decorativas para a rúa e o engalanado dos escaparates que “encherán de maxia, de luz e de cor esta tempada festiva”. A campaña de Nadal arrincará o 15 de decembro. Antes en Foz terá lugar o acendido do alumeado, previsto para este venres, día 5.