A II Festa do Motor Clásico en Ourol será o sábado 18 de abril

O Club Clásicos Viveiro organiza a segunda Festa do Motor Clásico de Ourol. Será o día 18 de abril, sábado, na Explanada do Concello.

Desde as 10:00 horas haberá coches clásicos, música en directo con Grupo La Bamba e Aaron DJ, e comida (callos, churrasco, sobremesa e chupito). A participación no xantar é aberta a todos os públicos e pode reservarse ata o día 12 de abril a través do teléfono 659.10.97.30. O prezo é 35 euros.

A organización tamén anuncia: “á noite a festa non para e teremos xamón e chourizos gratis ata fin de existencias”.