Nas festas de Burela haberá oito actuacións musicais do 5 ao 8 de xuño

A organización das festas patronais de Burela 2026 anuncia que haberá oito actuacións municipais desde o venres 5 ata o luns 8 de xuño.

“Burela vai tremer este xuño. Chegan as Festas de Burela 2026 co mellor cartel de orquestras. Prepárate para 4 días de auténtica festa: música en directo, sesións vermú, noites máxicas e un ambiente que non se explica … Vívese! O venres 5 arrancamos forte coa verbena, con Grupo Cayenna máis Kubo Golden Tour; sábado 6, sesión vermú máis noite top con Orquestra Principal e La Fórmula; o domingo 7 festa todo o día con Trébol e El Combo Dominicano; e o luns 8, gran final coa Orquestra Pontevedra e Panorama Time Tour. Cartelazo. Festa asegurada. Marca as datas, reúne á túa xente e prepárate para bailar sen parar en Burela”, anuncia a comisión de festas.