Nordés Faladora organiza unha viaxe pola costa galaico-asturiana o 23 de abril. Os asistentes percorrerán Rinlo, Tapia, Ortiguera ou Viavélez.

Abril é o mes elixido para recuperar a tradicional viaxe anual da asociación Nordés Faladora. Os organizadores explican que “este ano seguindo a costa cantábrica chegaremos ata Asturias, atracando nos portos onde os vínculos, como a fala, perduran: Rinlo, Tapia de Casariego, a Ortigueira asturiana ou Viavélez. Será o sábado 23 de abril, da man de Bernardo Penabade e diferentes activistas e historiadoras do ámbito local”. 

E engaden que “o traxecto realizarase en autobús, seguindo as medidas da covid-19, e por iso as prazas son limitadas. É necesario inscribirse en asociacion.nordes@gmail.com ou chamando ao 653756454 (Ricardo)”.

A saída está programada para ás 08:00 horas desde o Barqueiro, pero tamén haberá máis paradas. Esta viaxe, que durará todo o día, ten un custe, con xantar incluído, de 15€ / persoa asociada e de 25€/ persoas non asociadas.