O 14 de agosto terá lugar a VIII Festa do Ovo Frito, que organiza o Celta Barreiros. Será no campo do Cascabeiro

Este venres, 14 de agosto, terá lugar a VIII Festa do Ovo Frito, que organiza o Celta Barreiros coa colaboración do Concello. Será no campo de fútbol do Cascabeiro a partir das 19:30 horas. 

O menú consistirá en 2 ovos, 1 chourizo, patacas fritas, pan e para beber viño, cervexa e auga. O prezo será de 12 euros por persoa. E de 10 euros para aqueles que retiren os tíckets de xeito anticipado no bar Miramar,  en Casa Melva ou a través dos membros da organización chamando ao teléfono 659 392 666.

Os organizadores explican que “as ceas empezarán a repartirse a partir das 19:30 horas”. Na VIII Festa do Ovo Frito haberá verbena a partir das 21:30 horas amenizada polo Dúo ÉPOKA e por Disco Móvil The Sound Project. 

Desde o CF Celta Barreiros animan “a achegarse ao Cascabeiro este venres, día 14, a saborear unha exquisita cea e a pasar unha tarde-noite de verán diferente na VIII Festa do Ovo Frito”. A organización preparará 1.500 racións desta proposta gastronómica, que foi presentada pola directiva do CF Celta Barreiros.