
A 41ª edición do Gran Premio San Roque de ciclismo disputarase este sábado, día 18 de xullo, en Viveiro.
Esta proba deportiva está organizada polo Club Ciclista Viveiro, que anuncia: “o vindeiro sábado celebraremos o 41º Gran Premio San Roque, no que queremos homenaxear ao fundador do club, Isidro Fernández, que tristemente nos deixou a finais do ano pasado. Seguindo o seu legado, contaremos cunha xornada completa de ciclismo, onde pola mañá correrán as categorías junior e máster, e pola tarde as categorías de escolas e cadetes, así como as categorías femininas de junior, sub-23, élite e máster. Aproveitamos para informarvos de que a estrada estará pechada dende a Cruz Vermella ata o parque de Pernas Peón, así como toda a zona do pavillón e o campo de fútbol Marcos Gómez. Pedimos desculpas polos inconvenientes que poida causar”.


