
O Bruxo Cabacín ofrecerá un espectáculo de maxia infantil en Cervo este domingo, día 4 de xaneiro. Será ás 18:30 horas na Praza do Souto.
O Concello de Cervo anuncia que “a tarde do domingo é para os máis pequenos … e para quen queira volver ser neno. O Bruxo Cabacín presenta un espectáculo cheo de maxia, humor e sorpresas, pensado especialmente para o público infantil. Diversión asegurada!”.
É unha actividade do programa de Nadal do Concello de Cervo, coa colaboración da Asociación Cultural Airiños do Xunco.


