O cantautor cubano Óscar Sánchez actuará o 9 de xaneiro no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo)

O venres 9 de xaneiro ás 20:30 horas actuará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) o cantautor cubano Óscar Sánchez.

A asociación cultural A Tribo da Travesía organiza este concerto e anuncia que “Óscar Sánchez, destacada figura no panorama de canción de autor contemporánea cubana, interpretará coa guitarra, o tres e a marímbula diversos xéneros da música cubana. Para darnos unha idea da súa dilatada traxectoria profesional só diremos que no 2019 foi convidado por Silvio Rodríguez a participar no concerto 104 da xira Interminable. Despois de  viaxar por lugares como México, Noruega, Alemaña e España, temos a sorte de poder contar coa súa presenza na Mariña, no Círculo Habanero da Devesa, en Ribadeo”.

O prezo da entrada é de 10 euros.