O cantautor Javier Álvarez ofrecerá un concerto no Teatro, en Ribadeo, este xoves, 6 de maio.

O cantautor Javier Álvarez ofrecerá un concerto este xoves, 6 de maio, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo. A actuación enmárcase no ciclo Outras Músicas, organizado polo Concello ribadense. O prezo da entrada é de 3 euros.

O músico madrileño presentaba en 2018 o seu disco titulado 10, que significaba o seu regreso ao ambiente discográfico, coincidindo co décimo traballo da súa carreira de máis de tres décadas, cando a mediados dos 90 se daba a coñecer cos seus primeiros éxitos con cancións como La edad del porvenir.

Ten intervido en múltiples colaboracións cos artistas máis recoñecidos a nivel nacional e internacional, e numerosas versións de temas clásicos. Ademais segue a ser fiel á súa busca incansable de fórmulas innovadoras alleas ás habituais do mercado musical e tamén escolle os escenarios nos que ofrece os seus concertos para manter o contacto co público.