
Serán un total de 11 stands adicados á venda de textil, calzado, deportes, moda de nenos, xuvenil, complementos, xoiería, bisutería, agasallos e decoración.
Os comercios participantes na feira son: Complementos Sulian, Raquel Seijido, Cocolatte, Oscar Joyeros, Oxígeno Surf, Mimimó Moda infantil, Cobelinha, Biá-Biá, Van Surf e Van Surf Sneakers.
Unha amplia variedade de sectores e artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de facerse con artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
O venres 1 de agosto ás 11:00 horas terá lugar a inauguración da Feira ca asistencia de representantes do Concello de Viveiro.
O éxito das pasadas edicións, e grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia e da colaboración do Concello de Viveiro, fan posible que un ano máis se poida levar a cabo esta Feira de Stocks.
O horario da Feira será de 11 a 14 horas e de 18 a 22:00 h durante os tresdias.
Carrusel Veneciano
Tamén nos Xardíns Noriega Varela está instalado este verán un precioso Carrusel Veneciano para deleite dos mais pequenos.
O Centro Comercial Histórico ten en marcha unha colaboración cos propietarios do mesmo, de xeito que cun ticket de compra de calquera negocio asociado entrégase ós clientes un vale de 6 viaxes por 10€. O precio normal son 4 viaxes por 10€, polo que deste xeito levan 2 viaxes gratis polo mesmo precio.
Os vales canxéanxe na oficina do CCHV, situada na rúa Diaz Freijo, 3. Os tickets de compra non teñen importe mínimo e tampouco hai límite de vales desconto por persoa “poden traer cantos tickets queiran por persoa”.
O Carrusel estará instalado ata principios de setembro, polo que a iniciativa estará en marcha durante este periodo.
Tamén se levará a cabo un sorteo de viaxes gratis, concretamente 100 fichas para o Carrusel... sortearanse a través das redes sociais e da App ViveiroCCH. Porque mercar no comercio local ten premio!!