Cultural
Carlos Núñez, o Mago Antón ou Pepo Suevos son algunhas das actuacións das que gozará Ribadeo no terceiro trimestre deste 2025. A axenda cultural inclúe ademais exposicións e actividades para o público infantil.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “esta terceira axenda cultural do 2025 comeza coas vésperas do Ribadeo Indiano: o venres presentación do libro El Rey de los Jíbaros, o sábado concerto da Filarmónica de Lugo no auditorio e o domingo virán os Bolechas para estar cos máis pequenos e presentar o seu libro Ribadeo Indiano. Pero ademais teremos o XIII Curso de Jazz e Música Moderna, que rematará cun concerto na praza de Pancho Maseda o domingo ás 19:30 horas. Este mesmo día As Vacas Fracas terán no Cantón, desde as 11:30, o seu Mercado Xeitosiño, e convídannos a rematar no auditorio con teatro: La recepción”.
... leer másMúsica, teatro, presentacións de libros, exposicións, proxeccións e unha nova edición de Letras no Campo son as propostas culturais de Ribadeo para o segundo trimestre do ano. A axenda foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense dixo: “comezamos a presentación desta axenda cultural pola música. A EMMeD de Ribadeo continuará neste trimestre co seu ciclo de audicións das diferentes disciplinas que se imparten. Estas exhibicións fanse coa afán de difundir a actividade da escola, de espertar interese nun futuro alumnado e achegar as distintas disciplinas ao público xeral”.
Sanjurjo seguiu a relatar: “a música ten ademais outras propostas ben diferentes. Esta mesma fin de semana, hoxe, unha que inclúe a Beetle Judge e The Ninetines, que forma parte do xa afianzado ciclo do Galiñeiro...
leer másA concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “os eventos culturais desenvolvéronse xa desde principio de xaneiro. Agora, pasada a resaca do Nadal, queremos dar conta do que nos agarda ata acabar o trimestre”.
A edil ribadense contou que “comezamos coa presentación de libros. Onte, venres, na biblioteca municipal El Viejo Pancho, a Agrupación Cultural Francisco Lanza convidou a Henrique Costas a falarnos da súa novela Entre a vontade e o destino, unha magnífica ocasión para entreternos e saber máis da Idade Media peninsular. A mesma entidade proponnos xa en febreiro coñecer a obra Entre nós e o Eo, escrito a dúas mans por Antón Cando e Beatriz Pin”.
Sanjurjo contou que “temos tamén dúas propostas de alumnado dos centros de ensino para axudar ao pagamento de viaxes de estudos. Hoxe, sábado, De tal Cuento tal...
leer másA concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “aínda que esta fin de semana vai ter lugar o evento cultural e festivo que máis público convoca –o Ribadeo Indiano-, o noso concello segue na liña de ter unha programación estable e de calidade, que inevitablemente nestes meses de verán medra exponencialmente”.
A edil ribadense relatou: “comezamos falando de artes plásticas e é que ata o 17 de agosto temos unha oportunidade única para coñecer a obra do escultor Rodríguez Osorio, tan vinculado a Ribadeo. As salas do forte San Damián acollen unha retrospectiva moi completa da súa traxectoria. Haberá exposicións todo o verán nos diferentes espazos: as salas da Casa do Viejo Pancho, do Campo de San Francisco e da oficina de Turismo. Fotografía, pintura e escultura son as disciplinas escollidas nesta programación. Destacamos a figura do...
leer másA Xunta de Galicia impulsa unha variada oferta cultural en 10 concellos da Mariña a través do programa CulturON 2024. O delegado territorial, Javier Arias, presentou hoxe na Delegación Territorial os detalles da programación, ques se prolongará ata setembro e abrangue espectáculos de teatro, música ou maxia pensados para todos os públicos.
Arias destacou a aposta pola descentralización deste programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con iniciativas en boa parte dos municipios da provincia e moi especialmente nas zonas rurais, en liña cos obxectivos da futura Rede Adival e da Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia. Ademais, brinda ás industrias culturais galegas a oportunidade de amosar o seu traballo ao público en todo o territorio.
Inclúe proxectos propios da Administración autonómica ou...
leer másA axenda foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil lembrou que “xa comezamos a axenda cultural do 2º trimestre disfrutando esta primeira fin de semana de abril da música e dos monólogos. E seguiremos disfrutando das audicións da EMMeD. Ao longo das diferentes semanas o alumnado e o público xeral pode asistir a interpretacións variadas, de corda, vento metal, acordeón, música tradicional, danza , piano, canto e guitarra…para rematar no mes de San Xoán co festival de fin de curso”.
Begoña Sanjurjo contou que “á música tradicional e á que dedica a Asociación Amigos da Gaita o seu festival infantil para as diferentes exhibicións do seu alumnado. Contaremos tamén en maio cun musical que percorre os éxitos dos 80 e 90, e con Coco para os pícaros e pícaras. A parte audiovisual é especialmente...
leer másMaureen Choi Quartet actúa mañá, sábado, no auditorio municipal de Ribadeo, polo que tamén pasará este domingo o actor Sergio Pazos.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “en Ribadeo temos unha fin de semana chea de actividades. Gozaremos de boa música o sábado e dun coñecido monologuista o domingo”.
A edil ribadense explicou que “mañá, sábado, actuará en Ribadeo Maureen Choi Quartet. Maureen Choi é moito máis ca jazz e música latina, o seu espectáculo en directo é unha apaixonante viaxe co violín como voz principal e co jazz, a improvisación e a delicadeza da música clásica como vehículo de expresión. Os seus compañeiros de cuarteto nesta aventura musical son: Daniel García, pianista de jazz e director musical do exitoso Hoy no me puedo levantar; Mario Carrillo, contrabaixista e arregrista...
leer másTeatro afeccionado e profesional, proxeccións, música ou monicreques son algunhas das propostas da axenda cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre do ano. As actividades foron presentadas este xoves pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense contou que “comezamos este venres cun evento que houbo que adiar por causa dos incendios. Referímonos á presentación do libro da nosa veciña de Barreiros Lucía Ferro, que se titula En Brandán, unha novela negra, pero con moito humor e personaxes normais, en palabras da autora. Será na sala de presentacións da Casa do Viejo Pancho, como diciamos este venres, 20 de outubro, ás 20.00 horas. Teremos no mes de novembro outra presentación no mesmo lugar por desexo expreso da protagonista, a escritora arxentina de nai ribadense Ana Martínez. Ela achéganos á súa obra...
leer másA axenda do Concello de Burela para o mes de xullo inclúe actividades deportivas, festivas e gastronómicas.
A programación arrincou o pasado día 10 con balonmán e seguiron onte co IX Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra. A partires do luns, día 17, terá lugar un campus de fútbol da SD Burela. Tamén o luns volverá o balonmán para rapazas e rapaces de 6 a 16 anos e dará comezo o Verán na Praia, que se prolongará ata o 1 de setembro.
Do 21 ao 23 terá lugar a Romaría do Monte Castelo. O 25 de xullo Burela celebrará o Día de Galicia cunha pancetada e co concerto de DeVacas. Entre os días 27 e 30 haberá un tapeo na hostalaría local que terá ao bonito como protagonista. Será a antesala da Feira do Bonito, prevista para a primeira fin de semana de agosto.
O día 20 haberá Cine na Rúa. Será...
leer más