Cultural
Intensa axenda cultural a que se desenvolverá desde hoxe, venres, e ata o 22 de agosto en Ribadeo. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anima a asistir a estas propostas nas que haberá moita música, gastronomía e teatro para os máis pequenos e pequenas.
O edil nacionalista contou que “esta fin de semana volve no noso calendario cultural chea de actos. Hoxe venres, 18 de agosto, imos poder gozar da música de Mónica de Nut co seu concerto Raíces aéreas (con arpa e voz). Será no Cantón dos Moreno ás 20:30 horas. E coma sempre, se o tempo non acompaña, verémonos no Teatro”.
Farruco Graña relatou que “o sábado vai ser un día especial por partida dobre, tanto culinaria como musical. Pola mañá será a XII Festa da Carne ao Caldeiro, que se celebrará a partir das 13 horas no Campo da Festa de Remourelle. Tamén en...
leer másO concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifestou na presentación realizada este mediodía que “para levar ben estes días ao longo de todo o verán, temos unha nutrida programación con diversidade de actos, aínda que tamén é certo pola época do ano que é, que nos chama a saír á rúa, a música vai ter un lugar especial”.
O edil quixo “destacar para os nenos e as nenas as actividades englobadas dentro do programa Cultura no Camiño, así teremos Troula Animación con Uxía Lambona e a Banda Molona o 20 de xullo, o 4 de agosto chegará Migallas Teatro, o 26 de agosto estará Pistacatro co espectáculo Francesca Martello, o 2 de setembro Fantoches Baj con Velocíclopes, e o 16 de setembro dentro do programa Buxiganga Lume Escénico con A hora das cerdeiras. Son cinco actuacións pensadas nos nenos e nenas que aproveitando as tardes de verán e o bo tempo...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, valorou esta mañá o privilexio que supón desenvolver na cidade a iniciativa ‘No bico un cantar’, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega. Na súa quinta edición, este proxecto rende homenaxe aos poetas mindonienses a través das voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia. “A inclusión en ‘No bico un cantar’ converterá a Mondoñedo na capital da cultura galega o vindeiro día dous de xuño”, considera a rexedora.
Elena Candia participou esta mañá na presentación que se fixo da iniciativa no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, na que tamén participaron o presidente do Consello da Cultura Galega,Ramón Villares;o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o membro do...
leer másA Concellaría de Cultura presentou este mediodía a súa programación para o segundo trimestre do ano. Entre as diversas actividades que se desenvolverán durante os meses de abril, maio e xuño, haberá teatro para adultos e nen@s, música, encontros literarios, presentacións de libros e exposicións. E ademais continúan o ProxectoR con proxeccións no Teatro os mércores e o Apego para os bebés.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifestou que “comezamos esta presentación falando do evento desta fin de semana que se caracteriza por xuntar dúas constantes da nosa programación cultural, por un lado o apoio ao teatro afeccionado e por outro ofrecer actividades para o alumnado dos centros de ensino. Mutis por el foro é un dos grupos de teatro da Universidade de Navarra que representará unha adaptación da Odisea de Homero. O Teatro acollerá...
leer más