O Centro Dramático Galego representará “De Vilatristre a Vilalegre” no Valadouro este sábado, 15 de xuño

O Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario cunha programación especial que está a levar a xira por 100 concellos de Galicia e entre eles ao do Valadouro, a onde chega este sábado, 15 de xuño. Será na Praza de Santa María, de Ferreira, ás 19:00 horas. O Centro Dramático Galego, en coprodución con A Utópica Rodante, presentará o texto de Roi Vidal titulado “De Vilatriste a Vilalegre” a bordo do Furgón Utópico. Trátase dunha creación de pequeno formato baixo a dirección artística de Teatro o Cubo.

“Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños. Unha actividade para disfrutar en familia na Praza de Santa María”, anuncia o Concello do Valadouro.