
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, ofrece dous cursos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas, aínda que tamén poden inscribirse como mellora de emprego persoas que estean a traballar. Estas accións formativas desenvolveranse desde abril ata xullo e inclúen prácticas en empresas, con posibilidade de axudas económicas para a súa realización. Ademais permiten obter o certificado de profesionalidade.
Os cursos son de: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos.
As probas de selección realizaranse o día 8 de abril, mércores, ás 16:30 horas no CIFP Porta da Auga.
As persoas interesadas poden obter máis información sobre estes cursos acudindo ao Porta da Auga ou chamando ao teléfono 982.12.88.94 e tamén na oficina de emprego de Ribadeo, que ten o teléfono 982.87.06.86.


