
O Concello de Burela organiza un torneo de parchís por parellas, dentro do programa Xogo e Xente. Será os días 7 e 8 de xullo na Praza da Mariña ás 21:00 horas.
As inscricións están abertas ata o 6 de xullo ás 14:00 horas na Casa do Concello ou no correo electrónico cultura@burela.org.
“As prazas son limitadas, mínimo 8 e máximo 16 parellas (por orde de inscrición). Podes consultar as bases dos torneos a través da sede electrónica: https://f.mtr.cool/zmwjlmdlew. As parellas finalistas levarán un agasallo especial. Unha cita para xogar, rir e compartir!”, anuncia o Concello de Burela.