
O Concello de Burela lanza o programa de lecer Somos Verán, unha iniciativa dirixida a nenas e nenos empadroados en Burela e que cursaran Infantil ou Primaria durante o curso 2024-2025. Haberá catro quendas: do 1 ao 11 de xullo; do 14 ao 24 de xullo; do 28 de xullo ao 8 de agosto; e do 11 ao 22 de agosto. Dispoñen de 75 prazas para cada unha.
O Concello de Burela explica que “as inscricións faranse do 9 ao 11 de xuño, entregando a folla cuberta na oficina de Gaia (de xeito presencial) ou por correo electrónico a gaia@burela.org. A listaxe de admitidos publicarase o 17 de xuño. As bases completas poden consultarse na sede electrónica e na páxina web. Un verán cheo de xogos, amizade e diversión!”.