O Concello de Lourenzá segue coas actividades polo 8M: o taller “Ao son das mulleres” farase este venres en San Xurxo e o luns 16 en Vilanova

Este luns, 9 de marzo, celebrouse Escola de San Adriano o taller titulado Ao son das mulleres, unha actividade participativa impartida pola musicoterapeuta María Fuente, dentro da programación organizada polo Día Internacional da Muller. Continuará con dúas sesións máis: este venres, día 13 de marzo, no Local Social de San Xurxo de 17:00 a 18:00 horas e o vindeiro luns, 16 de marzo, no Multiusos Ponte de Cuñas (Vilanova) de 19:00 a 20:00 horas.

A alcaldesa, Rocío López, fai un balance positivo das actividades celebradas ata agora en Lourenzá para conmemorar o 8M porque “houbo bastante asistencia de xente, que acolleu moi ben os actos”.