O concerto de La Porteña Tango en Ribadeo foi adiado para o 2 de abril, debido a problemas derivados da pandemia do covid19.

A organización anuncia o adiamento do concerto de La Porteña Tango.

A actuación ía ter lugar este domingo, 26 de decembro, e adíase por causas alleas ao Concello de Ribadeo. Segundo comunica a organización a cancelación do espectáculo débese a problemas derivados da situación sanitaria da pandemia de Covid e lamenta ter que aprazar o espectáculo.

O concerto de La Porteña Tango queda aprazado ao 2 de abril de 2022 e terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.

As persoas que tiveran adquirido entradas para este vindeiro domingo teñen a opción de mantelas para a nova data ou solicitar a devolución do importe das mesmas, para o cal desde a organización se poñerán en contacto con elas.