O documental “O Vello Pancho. De Ribadeo ao Plata” será presentado en Viveiro este venres, 17 de outubro

O salón de usos múltiples do Concello de Viveiro acollerá este venres, día 17 de outubro, ás 20:00 horas a proxección do filme documental titulado O Vello Pancho. De Ribadeo ao Plata, onde se recolle a vida do escritor ribadense José María Alonso y Trelles Jarén.

Despois da proxección do documental haberá un coloquio no que intervirán o director do filme, Xan Leira; o escritor e investigador ribadense Pablo Rodríguez Vivín e o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal.